//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

I Torneo Internacional Campus de Ourense

26/05/2014

Terá lugar no Campus Universitario entre o 7 e o 13 de xullo. Será un torneo a nove roldas, válido para ELO.



Gran actuación dos xogadores ourensáns nos campionatos galegos.

15/07/2014

Ademais do título absoluto, logrado unha vez máis polo MF Fernándo Sánchez Aller, do club Xadrez Ourense, Estas son todas as medallas que os pequenos trouxeron para casa:
sub-8: Carlota García (prata) e Alejandro Garrido(bronce), do club Ben-Cho-Shey. Categoría feminina: Carlota García (ouro).
sub-10: Marcos Osorio (prata), do Ben-Cho-Shey, César Pérez Dapoza (bronce), de Xadrez Ourense. Categoría feminina: Laura Gómez Carreño (ouro), de Xadrez Ourense e Cecilia González (prata), de Ben-Cho-Shey sub-16: Adrián Gómez (prata), do Xadrez Ourense



Campionatos galegos sub-14 e sub-18

09/03/2014

Celebráronse en Pontedeume, entre o 1 e o 4 de marzo. Os xogadores ourensáns, cunha ampla representación, firmaron unha excelente actuación.
En sub-14 daba a sorpresa, gañando ó torneo, con só 11 anos, Martín Gómez Carreño. Gabriel Roma, pola súa parte, conseguiu o terceiro posto.
En sub-18, Adrián lograba quedar de segundo nun durísimo torneo.
Nas clasificacións pódense ver os postos acadados polos demais membros da armada ourensana.



Provinciais por categorías

09/03/2014

O domingo 19 de xaneiro tiveron lugar os provinciais sub-8, sub-12 e sub-16. O domingo 2 de febreiro foi o turno das categorías sub-14, sub-18 e sub-10. Máis abaixo pódense consultar as clasificacións.



Comeza o Aninovo

01/02/2014

O día 26 de decembro, ás 20:00 dará comezo a primeira rolda do tradicional torneo Aninovo Barrocás no local da A.VV. de Barrocás.



Javier Varasa vence no provincial.

31/12/2013

O domingo 22 rematou a Copa Deputación 2013/2014 (Provincial Absoluto), coa victoria de Javier Varasa. Seguírono na clasificación Adrián Gómez e Joaquín Bello.



Iván Salgado finaliza 8º no Europeo de Rápidas.

01/02/2014

O Mestre ourensán empatou no 4º posto deste importante torneo, quedando finalmente na 8ª posición a causa dos sistemas de desempate. Confirma así un gran ano de resultados despois do seu título de Campión de España Individual e por equipos.



Torneo de nadal do colexio Ben-Cho-Shey

30/12/2013

Celebrouse o pasado sábado día 14 no colexio Ben-Cho-Shey, en Pereiro de Aguiar.



Copa Deputación categoría absoluta (Campionato Provincial) 2013

29/12/2013

Torneo clasificatorio para o Campionato Galego. Valedeiro para ELO.

Sistema suízo, con ritmo de xogo de 90+30. Seis roldas:
Primeira rolda: 13 de decembro - 20:00 horas.
Segunda rolda: 14 de decembro - 17:00 horas.
Terceira rolda: 15 de decembro - 17:00 horas.
Cuarta rolda: 20 de decembro - 20:00 horas.
Quinta rolda: 21 de decembro - 17:00 horas.
Sexta rolda: 22 de decembro - 17:00 horas.
O local de xogo será a Asociación de veciños "El Olimpo", situada na praza 500.

Haberá trofeos e regalos para os primeiros clasificados. Ademais, sortearanse premios entre os participantes.



Alejandro De León, campión da Copa Deputación xadrez relámpago 2013

08/12/2013

Tivo lugar o sábado, 30 de novembro, ás 16:30, no pavillón de Celanova. O torneo disputouse a un ritmo de 5+3, por sistema suízo a nove roldas. Alejandro De León, do club Xadrez Ourense, impúñase no desempate a Armando de Sousa, do Liceo. Lino Hermida, do Universitario, seguíaos na clasificación.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016