Si queres disfrutar do xogo-ciencia, en Ourense atoparás
diversos lugares onde practicalo, como por exemplo...
Casa da
Xuventude (Celso Emilio Ferreiro, 29-1ª Planta)
Non acostuma a faltar xente con quen xogar unha
rápida, ou unha ducia... Atoparás xogadores de diversas idades e estilos, todos
bastante fortes, pensa que o importante é participar... pero anímate, tamén é
posible que logo podas resarcirte e gañar ó Mus, ou ó Tute...
Abundante material de xogo, envexable biblioteca
técnica e un par de Pcs con conexión á rede.
Ateneo de
Ourense (Torre de Ourense, Entrechán)
Podes pasar unha tarde xogando partidas con reloxio
(si tes sorte) e sin reloxio (si a teñen outros), xogadores de todos os estilos
e níveis, pequena biblioteca con revistas técnicas, hai boa tortilla na
cafetería e queda céntrico... (non fai falla que sexas socio, ainda que non
estaría de máis si comezas a ir cada día da semana...)
A.V.V.
Loureiro (Francisco Asorey, 13 – O Couto)
Os Venres de 5 a 9, excelente ambiente de clube,
material impecable, local idóneo, pásate e disfruta da hospitalidade da súa
xente ... (Si tomas como referencia o Insituto do Couto, basta con camiñar cen
metros pola mesma rúa, sito nunha nova urbanización moi coqueta...)
Mesón
“O Queixo” (Novidade)
Situado
en pleno corazón histórico da Cidade (Praza do Eirociño dos Cabaleiros – Rúa Irmáns
Vilar), local amplo e coqueto, coñecido en Ourense polos seus excelentes viños
e racións, tamén polo seu ambiente agradable donde podes compartir conversa cos
amigos e contemplar exposicións de artistas coñecidos. Asimesmo, conta con varias
mesas e 4 cronómetros dixitáis para prácticar o noso deporte preferido, aficionados
e fortes xogadores danse cita acotío neste local. A partir de certa hora os
pinchos e tapas dan paso ás cervexiñas ou o que se tercie... ¡Pásate!.
Liceo
de Ourense (Lamas Carvajal nº5)
Básicamente para socios, si un día pasas por ali
podes atopar a algún que outro venerable xubilado co que xogar un par de
partidas e que se preste a contarche anécdotas fantásticas de Pomar, Relova,
Fischer, Moráis, Tahl, Maté, Karpov, Eugenio, Larsen, Clemente Jiménez, etc...
Gonkafé (Avenida de Portugal, 60)
Cafetería hiper-moderna (o mesmo Reti
acudiría alí a xogar...), onde poderás gozar dun ambiente agradable, amplo
espazo, 625 liñas moi, moi amplas.... Conta con material de xadrez de estrea,
pezas + reloxo que che facilitarán na barra. É posible que, con sorte, poidas
atopar xogando ou analizando a algúns dos xogadores do Gonkafé-Loureiro, agás,
naturalmente, os Venres tarde, nos que os atoparás no seu local de Francisco
Asorey, ó carón do IES do Couto...
A.V.V.
Pontecanedo
Situado na plaza Mestre Luis Fernández s/n, á caron
da biblioteca pública do barrio da Ponte, é fácil de atopar si se toma como
referencia o parque que está sito tras a Plaza de Abastos da Ponte.
A.V.V.
Barrocás
Na
Plaza de Barrocás nº7, amplos locáis, prensa, xogos de mesa, cinemaclube, e por
suposto xadrez..., no local do piso inferior atoparás taboleiros, pezas,
reloxio e unha boa biblioteca (cada vez menos “voluminosa”) con libros e
revistas...
Café
Cultural Auriense (Praza do Correxidor)
Ambiente agradable, cervecería-pub de corte
pseudo-alternativo agás nos prezos, e no que podes pedir taboleiro e pezas de
madeira, e analizar cos teus compañeiros de clube e sin embargo amigos as
partidas do sábado mentres tomas algo tranquilamente...(si vas a partir de
media noite leva cadeira da casa...)
Café
O Sol (Esquina Praza Ferro con Rúa da Paz)
Taboleiro e pezas, para ver algo distendidamente
mentras pides algún espirituoso de dubidosa denominación de orixe, si levas un
peon branco da túa casa completarás o xogo do que dispoñen..., varios Mestres
Internacionáis (si, varios), teñen
pasado xa por este curioso lugar..., algún deles incluso para analizar, ( presta atención cando che den as
voltas...)
Café
Bar Castrodeza (Ervedelo, fronte cruce Xesús Soria)
Podes
combinar con calquera dos coñecidos xogadores ourensáns que frecuentan este tranquilo
lugar, e compartir unha boa tarde de partidas e análise...
Café
bar “Fórum” (Rúa Nova, esquina Doctor Temes, fronte a Fac. Humanidades)
Unha
tranquila parte de atrás destinada a xogos de mesa, entre eles o xadrez, de
cando en vez sesudos estudantes de undécimo ano de historia disputan
interminables partidas, conta con Camareiro-Filósofo de excelente conversa...
(resulta correcto pedir algo...)
Pub
La Trampa de Venus (Hernán Cortés, fronte a praza de Pena Vixía)
Un par de taboleiros (algún deles de curiosa
xeometría) e outro par de xogos de pezas, ambiente alternativo-nebuloso, si
levas amigos e ganas de analizar ou xogar, podes pasar unha tarde-noite moi
agradable nun marco similar ós que procurou
Stanley Kubrick para algunha das escenas de "Eyes white
shut"...
Casino
de Carballiño (Rúa peonil do Carballiño)
Varios xogadores reúnense por alí con frecuencia,
algún deles moi forte..., pásate.
Pavillón
Polideportivo Celanova ( Estrada de Filgueira s/n – Gimnasio)
Os Venres
veteranos e xóvenes do Clube Celanova danse cita no ximnasio arredor do
taboleiro para adestrar e xogar, ambiente moi “deportivo”...
Café Cultural “O Roi Xordo” (Casco Vello de Alariz)
Exposicións, música en directo, teatro, títeres con
cabeza, monólogos frecuentes dalgún que outro famoso actor-showman galego... e
incluso poderás xogar unhas partidas dentro dun ambiente no que se respira
cultura (ás veces), si vas en Xuño pode que entre un boi (con i latina) no
local, ofrece táboas e sae correndo!
Parrillada
Arnoia (Estrada de Celanova-Carfaxiño)
Calquera día podes atopar fortes xogadores da
comarca disputando rápidas, si perdes levántaste..., excelentes carnes e
mariscos a precio razonable, xa postos...
Café
Bar Zapatillas (Verín – Ourense)
Na parte do fondo podes atopar a varios xogadores
xogando rápidas e analizando interesantes posicións, non hai moitos anos
contaban cun equipo en 1ª división, atoparás varios fortes xogadores...
Café Viana (Praza Maior de Viana do Bolo)
Algúns xogadores locáis acostuman a reunirse neste
local para disputar partidas amistosas, si pasas por alí é posible que os
atopes en plena batalla...
* Si coñeces algún lugar “de diario” ademáis dos que aquí se enumeran,
nos que se poida practicar xadrez, agradecémosche nos pases os datos a xadrez@mixmail.com
En
Ourense existen, obviamente, numerosos lugares vinculados co xadrez, aquí
únicamente enumeramos aqueles nos que poderías atopar onde xogar a diario e sen
estar pendiente de horarios. Mais info en xadrez@mixmail.com