|
Sitio Web oficial da Asociación Ourensana de Xadrez |
|
|
Próximos torneos (Aprobados 29/09/2011) |
Visitas:
Finaliza o XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar” Unhas tablas na primeira mesa da última rolda decidiron o campión do torneo. David Gómez acabou impoñendo un mellor desempate para alzarse coa victoria por diante de Alfonso Agra. Clasificación final Máis información en Chess-results Máis información na páxina oficial do torneo FOTOS DO TORNEO XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar” Torneo por categorías O pasado 30 de decembro celebrouse outra edición deste torneo, no que os máis xóvenes poden mostrar as súas habilidades.Os primeiros clasificados foron Xurxo Gerpe (s8), Martín Fernández (s10), Angel Dominguez (s12) e Miguel Ferreiro en Sub-14. Clasificación sub-8 Clasificación sub-10 Clasificación sub-12 Clasificación sub-14 FOTOS XXVII Aninovo Barrocás 2012, II Memorial Manuel Villar Este tradicional torneo dará comezo o 26 de decembro e disputarase a sete roldas ata o día 5 de xaneiro. O 30 de decembro terá lugar o torneo por categorías para os xóvenes. Máis información na web oficial Copa Deputación 2011 de xadrez activo e por equipos Armando de Sousa gañou o torneo disputado o sábado, 17 de decembro nos locais da Asociación de Veciños "El Olimpo", organizado polos Clubes Xadrez Ourense e Xadrez Loureiro. Na clasificación por equipos, o primeiro posto foi para o Liceo Academia Postal. Clasificación por equipos Clasificación individual FOTOS Torneo de Nadal no colexio Ben-cho-shey Disputouse o día 17 de decembro, organizado polo Club Xadrez Benchoshey. Cristina Garrido venceu na categoría sub-8, seguida de Alexandre Romero, ambos empatados a puntos. Bárbara Rodríguez foi a vencedora en sub-12 Clasificación sub8 Clasificación sub12 FOTOS Torneo Copa Deputación Activo e por Equipos O próximo sábado, día 17 de decembro, disputarase o Torneo de Copa Deputación Activo e por Equipos 2011-2012, no local da AAV El Olimpo, as 17 horas. Información e bases Club Xadrez Ourense, subcampión de España sub16 O equipo, composto por David Gómez Diéguez, Martín Arellano Pardo, Sergio Blázquez Criado, Adrián Gómez Diéguez e Davi Vázquez Gómez acadou este importante resultado para o xadrez ourensán en Benidorm. Máis información JOAQUÍN BELLO CAMPIÓN PROVINCIAL ABSOLUTO DE XADREZ Rematou no local da Asociación de Veciños "El Olimpo", organizado polo Club Xadrez Loureiro, o torneo zonal clasificatorio para o Campionato Galego, que forma parte das actividades incluidas na Copa Deputación de Xadrez 2011-2012, ca victoria de Joaquin Bello Filgueira, do Club Liceo Academia Postal, que sumó 5,5 puntos de 6. No segundo posto clasificouse Rafael Sánchez de León, do Club Xadrez Loureiro, con 4,5 puntos, e con 3,5 puntos acadó o tercer posto Manuel García do Club Ateneo de Ourense. Ver partidas no noso visor Emparellamentos e clasificacións Clasificacion final FOTOS Copa Galicia de Clubs 2011 Varios clubes ourensáns participaron nesta competición. O Club Xadrez Ourense acadou a terceira posición, o Universitario clasificouse decimoterceiro, seguido do Club Xadrez Loureiro, no decimocuarto. Campionato Zonal Absoluto Celebrarase os días 3, 4, 6, 8, 10 e 11 de decembro de 2011. Todas as roldas disputaranse ás 17:00. O local de xogo será a Asociación de veciños "El Olimpo" (Plaza 500, 8). O ritmo de xogo será de 90 minutos para toda a partida máis 30 segundos de incremento por xogada. Para os emparellamentos seguirase o sistema suízo, calculado polo programa Swiss-Manager. Os participantes deberán estar federados nalgún club de xadrez da zona de Ourense. Poderanse pedir 2 byes durante as cinco primeiras roldas, que se deberán solicitar por escrito antes do final da primeira rolda. Non se outorgarán puntos polos byes. Trofeo para os 3 primeiros clasificados, o Campión terá una CESTA DE NADAL como premio e sortearase outra CESTA DE NADAL entre todos os xogadores participantes. Inscricións en ourenxadrez@ourenxadrez.org / xadrezloureiro@gmail.com Bases completas Festival de Xadrez en Expourense Gran éxito de participación na IV edición deste torneo. Os gañadores das distintas categorías foron: Martín Gómez Carreño en sub8, Martín Pena Varela en sub10, Pablo Vidal en sub12, Julio Suárez en sub14 e David Gómez en sub16. Os dous xogadores ourensanos, Martín Gómez de Carmelitas, e David Gómez de Xadrez Ourense, asegúranse así o triunfo no circuito galego escolar. Clasificación sub8 Clasificación sub10 Clasificación sub12 Clasificación sub14 Clasificación sub16 FOTOS Torneo Universitario O pasado sábado, 22 de outubro, tivo lugar unha nova edición do tradicional torneo Universitario no Campus de Ourense. Armando De Sousa foi o campión, seguido moi de preto por Javier Varasa e Juan Carlos Barbosa. Aarón Ferreiro proclamouse campión univeristaio, mentras que David Vázquez e Miguel Ferreiro gañaron nas categorías cadete e infantil. Clasificación final Fotos G.M. Iván Salgado gañador do Maxistral de Barcelona O G.M. ourensán conseguiu 5,5 puntos ante fortes grandes maestros coma o norteamericano G.M. Yasser Seirawan. Web Oficial Ver as partidas no noso visor Festival de Xadrez de Expourense Terá lugar o vindeiro 30 de outubro. A inscrición xa está aberta. Web oficial Cartel Memorial Rodríguez Peña Fernando Sánchez resultou vencedor, con seis puntos desta edición do torneo. Seguirono no podio Xabier Gómez e Lino Hermida. Clasificación final Premios II Open de xadrez activo Rodríguez Peña Xogarase no Ateneo ós días 17 e 18 de setembro. O ritmo de xogo será de 25 minutos por xogador. As partidas xogaranse ás 16:00 horas. Os premios serán os seguintes: 1º Clasificado 150 € 2º Clasificado 100 € 3º Clasificado 50 € 4º Clasificado 30 € 1º Clasificado socio do Ateneo 20 € 1º Clasificado do equipo de xadrez do Ateneo 20 € Inscricións: ateneo.deourense@gmail.com Máis información Copa do Mundo Junior. O G.M. ourensán Iván Salgado atópase disputando a Copa do Mundo Junior en Chennai, India. Toda a información sobre o torneo pódese consultar puntualmente no seguinte enlace (chessresults) Información do torneo Ver as partidas de Iván Salgado no torneo Entrevista a Iván Salgado (en inglés) XIII Memorial Carlos Alfredo Celebrado o sábado, 30 de xuño, en Celanova. Daniel Táboas resultou o vencedor do torneo con 5.5 puntos, seguido por Miguel Senlle, Óscar Salgado, Fernando Sánchez, Martín Boado e Juan Jesús Sanz, todos con 5 puntos. Clasificación completa XIII Memorial Carlos Alfredo Este sábado, 30 de xullo, terá lugar a decimoterceira edición do Memorial Carlos Alfredo, organizado polo Club de Xadrez Celanova. As partidas terán lugar na Alameda de Celanova sempre que as condicións do clima o permitan. A sesión de mañá comezará ás 11:30 e a de tarde ás 16:00. Disputaranse dous torneos paralelos, absoluto e sub-14, con premios en todas as categorías. Inscricións nos seguinter correos electrónicos (antes do día 29 ás 13:00 h) Xadrezcelanova2@gmail.com omix@concellodecelanova.com Bases V Copa Galicia 300 foron os participantes no torneo, procedentes de diversos puntos de España e Portugal. Os campións foron: Martín Arellano en sub-18, Lucas Abal en sub-14, Alberto Portela en sub-12, Mireya Represa en sub-10 e Martín Gómez en sub-8. Clasificación sub-18 Clasificación sub-14 Clasificación sub-12 Clasificación sub-10 Clasificación sub-8 Galería de imaxes Maio Xove Arredor de 30 participantes tomaron parte na disputa deste torneo, celebrado na Casa da Xuventude. O podiun quedou formado por Diego Vidal, Marcos Lorenzo e J. Carlos Negreira. Clasificación final Copa Maristas Terá lugar o sábado 4 de xuño, no polideportivo do colexio Maristas, en Ourense. Máis información Maio Xove Disputarase na Casa da Xuventude o domingo 29 de maio, a partir das 16:00. O ritmo de xogo será 12+3. Máis información Peón de ouro Varios xadrezcistas ourensanos participaron no torneo aberto celebrado en Mondariz-Balneario os días 21 e 22 de maio. David Gómez conseguiu vencer na súa categoría, mentres que Adrián Gómez, Gabriel Roma, Xurxo Gerpe e Martín Gómez lograron subir ó podio das súas correspondentes categorías. Clasificación sub-16 Clasificación sub-14 Clasificación sub-12 Clasificación sub-10 Clasificación sub-8 Galería de imaxes Finais provinciais do xadrez escolar. O xoves, 12 de maio, celebrouse no colexio Maristas, en Ourense, a fase final do xadrez en deporte escolar. Clasificación Fotos Xadrez na escola, fase local por equipos. O domingo 8 de maio de 2011 celebrouse en expourense a fase local de xadrez do "Deporte na escola", subvencionado pola Xunta de Galicia. O xoves, día 12, celebrarase a fase final no colexio Maristas, a partir das 17:30. Clasificación benxamín Clasificación alevín Clasificación infantil Fotos Fotos dos Campionatos galegos Xa están dispoñibles na galería as fotos dos campionatos galegos celebrados en Semana Santa. Ver fotos Campionatos Galegos en Padrón. Do 16 ó 22 de abril celebráronse, no hotel Scala, en Padrón, os campionatos galegos das seguintes categorías: - Sub-8 - Sub-10 - Sub-12 - Sub-16 - Absoluto - Feminino - Veterán Os xogadores e as xogadoras ourensáns obtiveron uns resultados excelentes. Ver clasificación Absoluto Ver clasificación Sub 16 Ver clasificación Sub 12 Ver clasificación Sub 10 Ver clasificación Sub 8 Celebrouse o zonal sub 16 en Ourense David Gómez Diéguez foi o vencedor do torneo, que se celebrou no local da Asociación de Veciños Loureiro. Acompañárono no podio Sergio Blázquez e Martín Arellano. FOTOS Clasificación Final Campionatos galegos sub 14 e sub 18 Varios xóvenes xadrecistas ourensanos se desplazaron a Pontedeume para disputar os Campionatos galegos, todos eles do club Xadrez Ourense. Na categoría sub-18, Martín Arellano logrou facerse co título, mentres David Gómez acadaba a terceira praza. Samuel Cruz e Sergio Blázquez obtiveron o 8º e 17º postos respectivamente. En sub-14, Adrián Gómez quedou no terceiro posto. Clasificación sub-14 Clasificación sub-18 FOTOS O domingo 6 de febreiro xogouse o campionato zonal sub 14. Adrián Gómez (Xadrez Ourense) foi o gañador do torneo, disputado nos locais da Asociación de Veciños Loureiro. Brais Gerpe e Miguel Puga, os dous da Casa da Xuventude foron segundo e terceiro. Clasificación Fotos do torneo Campeonatos provinciais Sub-8, Sub-10 e Sub-12 O Campeonato zonal, clasificatorio para o autonómico, nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12 disputouse na xornada Dominical do 23 de Xaneiro nos salóns da A.V.Barrocás. Xurxo Gerpe en Sub-8, Martín Fernández en Sub-10 e Gabriel Roma en Sub-12 foron os vencedores dunhas probas nas que tomaron parte ata 55 participantes totais. Clasificación Sub-8 Clasificación Sub-10 Clasificación Sub-12 Imaxes do Torneo Alejandro de León, campión do XXVI Aninovo Barrocás Tras gañar a súa partida da última rolda, Alejandro de León confirmouse como vencedor do torneo Aninovo Barrocás - Manuel Villar "In Memoriam", empatado a seis puntos puntos co recente gañador do torneo provincial David Gómez. Lino Hermida completou o podio. Varios xogadores optaban ó título final nunha das edicións máis disputadas que se recordan, o que fixo que as partidas da última rolda foran moi interesantes. Clasificación final Imaxes do torneo XXVI Aninovo Barrocás - I Manuel Villar “In Memoriam” O luns 26 de decembro deu comezo este Open Internacional. O G.M. Iván Salgado fixo o saque de honra logo do homenaxe á figura de Manuel Villar. Despois de seis roldas, Alejandro de León lidera empatado a puntos con Lino Hermida e David Gómez. Cinco xogadores teñen opcións matemáticas ó título, xa que Martín Arellano e Rafael Sánchez tamén teñen posibilidades sempre que empaten os xogadores da primeira mesa. Emparellamento Calsificación intermedia Información completa XXVI Aninovo Barrocás - I Manuel Villar “In Memoriam” Torneo por categorías O Domingo día 26 de Decembro tivo lugar o evento destinado ás categorías dos máis xóvenes, máis de 150 participantes nunha edición de récord deron colorido a unha xornada de deporte na que todos eles foron os protagonistas. En Categoría Sub-8 resultou vencedor Martín Fernández Carballal (Guillelme Brown), en Sub-10 o gañador foi Pablo Vidal Fernández (Xadrez Galego de Vigo), en sub-12 o triunfo foi para Adrián Gómez Diéguez (Xadrez Ourense) e en sub-14 resultou vencedor Jorge Iglesias Fernández (Xadrez Galego de Vigo). Web oficial Imaxes do torneo X TORNEO VELERO SIN ENROQUE-10ª _18 DIC 2010_OURENSE_Pazo Paco Paz Entre grandes jugadores se disputó esta Final ganándola finalmente Iván Salgado en reñida lucha con Alelsa Strikovic, mientras que Alejandro Hoffman se impuso a Alex Barsov por el tercer puesto (todos ellos GMs), completando la clasificación de ocho finalistas: Manuel Pena (MI), Pablo García (MI), M. Boado y D. Rivera (MI) por este orden. Tras ellos el resto de participantes siguiendo el orden del suizo-sin enroque inicial y el de la ronda intermedia [desde la que ya se juega, hasta el final, con el sistema Velero (una ronda con el cómputo de este Torneo para posibles empates). Cuatro GMs y tres MIs: todo un honor para este Torneo (con el nombre del Club Velero Jr. en torno al que nació), algunos de ellos ganadores en más de una ocasión. Este sábado, 18 de decembro, terá lugar o torneo Velero "sen enroque". O día 18 de decembro terá lugar, no Pazo Paco Paz este tradicional torneo, coa participación de importantes xogadores. Para participar é necesario estar na sala de xogo antes das 9:55. O torneo consta de tres fases. 10:10 - 12:50 Primeira fase. Suízo 13:00 - 14:15 Segunda fase. Sistema velero. 16:00 - 20:00 Fase final. Sistema velero. A entrega de premios celebrarase ás 21:15. Cartel. Máis información. David Gómez vencedor do Torneo Provincial senior e sub18 Rematou o Campionato Provincial senior e sub18 coa victoria de David Gómez con 5,5 puntos de seis. O novo Campión Provincial senior foi Armando De Sousa Da Silva, seguido de Lino Hermida Araujo e o bronce foi para Gustavo Hernández Puentes. Na categoría sub18 o Campión Provincial foi David Gómez Diéguez, no segundo lugar Sergio Blázquez Criado e David Vázquez Gómez no tercer posto. Ambos campiones estarán becados por la FEGAXA para a disputa dos vindeiros Campionatos Galegos 2011. Ver clasificacións Ver partidas Descargar partidas Ver imaxes Ver variacións ELO FIDE |
LIGAZÓNS Web oficial do G.M. Iván Salgado Actualidade Ourensá Actualidade Federacións Partidas
|